"Bombeiros queimados", "lume ao convenio"

Son as pintadas que apareceron nos parques de bombeiros xestionados pola empresa privada Nanutecnia.

Por Ubaldo Cerqueiro | Cee | 07/04/2014 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Xa son cinco meses os que levan en folga os bombeiros da Costa da Morte. Unha folga que, lonxe de solucionarse, intensificase día a día. E é que as negociacións da negociación do convenio colectivo entre traballadores e a empresa Nanutecnia cada día están máis separadas. 

Pintadas nos parques de bombeiros de Cee contra a empresa Nanutecnia
Pintadas nos parques de bombeiros de Cee contra a empresa Nanutecnia

A orixe do problema está na privatización dun servizo público como é o de bombeiros. Agora é a empresa Nanutecnia a concesionaria deste servizo público a que ten que xestionar directamente a relación laboral cos traballadores. 

Esta fin de semana aparecían numerosas pintadas de desacordo coas negociacións nos Parques de Santa Comba e Cee, e tamén nos de As Pontes e Lugo, nos que xestiona a empresa Nanutecnia, dada a pouca disposición a negociar. 

"Bombeiros queimados", "lume ao convenio", "Nanutecnia ladróns, solucións xa", son algunhas das pintadas que apareceron nos parques de bombeiros. Con todo, desde o colectivo de bombeiros non comparten este tipo de accións.

A empresa quixo meternos por mentireiros e desprestixiar o noso traballo”, lamentan os traballadores, que consideran que a falta de intención negociadora roza a “opresión”. Ademais, critican que empresa nin administracións fagan movementos para achegar posturas e poder chegar a un acordo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta