Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2021 | Actualizada ás 12:18
Máis do 70% das persoas que gañan a lotaría rematan arruinados, ben sexa en quebra ou sometidos á lei da segunda oportunidade, de acordo con datos do Fondo Nacional para a Educación Financeira. Unha proporción que non impide que os galegos sigan investindo, ano a ano, unha boa suma en facerse con diversos boletos coa esperanza de que un deses números sexa o agraciado do Gordo ou, polo menos, dun cuarto ou quinto premio.
Aínda así, as probabibilidades de sacar beneficio do sorteo de Nadal, celebrado este 22 de decembro, son máis ben escasas. Hai unha posibilidade entre 100.000 de facerse cos tres primeiros primerios, mentres que para o cuarto son 2 entre 10.000, e para o quinto de 8 entre 100.000. Con todo, e segundo a Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (SELAE), cada español gasta de media na Lotería de Nadal 66,60 euros, xusto un euro por riba das cifras de hai un ano.
Pero aínda coa sorte da nosa parte, o premio da lotaría de Nadal pode resultar nun agasallo envelenado. E é que o 70% das persoas que reciben unha gran cantidade de diñeiro nun destes premios remata na ruína en só tres anos. A probabilidade de chegar á quebra, de feito, é maior no caso de recibir un destes premios que se non gañamos. Unha paradoxa que ten a súa orixe en investimentos financeiros dubidosos e un manexo máis alegre dos cartos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.