Manpower ofrece máis de 300 postos de traballo en Galicia

Os operarios de automoción e do sector pesqueiro son os perfís máis demandados nestas datas en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Manpower, líder mundial en solucións de traballo temporal e selección, busca 316 profesionais en Galicia, tanto para atender o pico da campaña de Nadal como para o arranque de ano nos que moitas empresas reforzan o seu persoal.

Liña de produción PSA en Vigo
Liña de produción PSA en Vigo | Fonte: La Voz de Galicia

Os operarios de automoción e do sector conserveiro son os perfís máis demandados nestas datas en Galicia: Búscanse 200 profesionais: 100 operarios de automoción e outros 100 operarios para o sector da conserva.

Tamén se buscan 17 profesionais para dar apoio comercial e 25 operarios para a cadea de produción na zona de As Pontes. Ademais, ofértanse 20 postos en distintas responsabilidades relacionadas co comercio electrónico, 10 teleoperadores de venda para call center e 10 repartidores.

As diferentes vacantes que se ofertan en Manpower en Galicia constitúen unha gran oportunidade para todas aquelas persoas que teñan motivación por desenvolverse e crecer profesionalmente en sectores de actividade en auxe.

Aqueles profesionais que queiran consultar os detalles das vacantes dispoñibles en Galicia e inscribirse nas ofertas deberán aplicar a través do seguinte link, e filtrar os resultados por provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta