A comisión de financiamento contará coa comparecencia do conselleiro de Facenda, Elena Muñoz e Leiceaga

A previsión é que o plan de traballo se desenvolva en tres fases, empezando pola solicitude e achega de documentación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

A Comisión non permanente especial de estudo sobre a reforma do sistema de financiamento aprobou por unanimidade este xoves o plan de traballo deste órgano, que inclúe a solicitude de 21 documentos e informes a distintas administracións e entidades públicas e privadas, así como a comparecencia de once expertos e cargos vinculados co ámbito financeiro, entre eles o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

A previsión é que o plan de traballo se desenvolva en tres fases, empezando pola solicitude e achega de documentación, co rogo de que sexa incorporada á Comisión en canto sexa posible.

A Comisión analizará, entre outros documentos, estudos realizados por Santiago Lago, representante da Comunidade no Comité de Expertos para a reforma do sistema de financiamento autonómico e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e doutros economistas, do mesmo xeito que outros informes previos de expertos do ámbito universitario ou das administracións.

Tamén se solicitan informes das consellerías máis ligadas ás áreas de sanidade, educación e servizos sociais en relación aos custos dos servizos prestados, e documentación que poida remitir a Xunta ao Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), incluída a valoración que envíe da proposta de revisión da poboación axustada elaborada polo grupo de traballo estatal.

En canto ás comparecencias, que se prevén axilizar --na Cámara, segundo fontes consultadas por Europa Press, solicitarase habilitar a tal fin a semana despois de Reis--, e que suman un total de once citados, empezando polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o economista e representante da Comunidade no comité de expertos estatal, Santiago Lago.

Tamén están chamados Ángel de la Fuente Moreno, profesor de Economía Pública da Universidade Autónoma de Barcelona; Roberto Fernández-Llera, profesor titular de Facenda Pública da Universidade de Oviedo; e Diego Martínez, do Departamento de Economía, Métodos Cuantitativos e Historia Económica da Universidade Pablo de Olavide.

Regresará á Cámara autonómica a senadora popular Elena Muñoz, ex interventora xeral da Comunidade e ex conselleira de Facenda, así como outros expertos nos ámbitos económicos e financeiros como Xosé Díaz, Alberto Turnes, Francisco J. Constenla, María Cadaval, e Xoaquín Fernández Leiceaga, senador socialista e profesor de Economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.

Miguel Corgos. CAPTURA
Miguel Corgos. CAPTURA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta