Xunta e cluster da saúde impulsan unha oficina técnica para avanzar na candidatura aos 'Next Generation'

O acordo conta cun financiamento para o próximo ano de máis de 330.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A Xunta e o cluster galego da saúde colaborarán para a posta en marcha dunha oficina técnica que facilite o impulso e a captación de proxectos no ámbito sanitario no marco dos fondos europeos 'Next Generation'.

Segundo destaca a Xunta nunha nota de prensa emitida ao termo do Consello deste xoves, este proxecto porá "especial atención" ao posicionamento da comunidade no 'Perte' vinculado ao sector sanitario.

Tras a autorización da reunión semanal do Executivo galego, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, asinará un convenio coa asociación para promover a mellora da produtividade, a competitividade e a internacionalización do sector da industria sanitaria galega.

O obxectivo, destaca, é a posta en marcha de "diferentes proxectos" coa participación "do máximo número posible" de pemes e grandes empresas do sector. O acordo conta cun financiamento para o próximo ano de máis de 330.000 euros, dos cales o Goberno autonómico achegará ata o 90%.

Departamento de I+D+I nunha empresa
Departamento de I+D+I nunha empresa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta