A Rede de apoio ás persoas refuxiadas inicia unha campaña para denunciar as políticas de migración

Ao longo do 2021 morreron 4.404 persoas tentando chegar ás costas españolas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas promove este 2022 en Santiago un 'Círculo de Silencio', un acto que se desenvolverá o primeiro xoves de cada mes e que busca "lembrar e denunciar" de forma pública as "continuas mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos Países da Unión Europea".

O acto desenvolverase todos os primeiros xoves de mes, coincidindo hoxe co Día de Reis, na Praza de Cervantes ás 20,00 horas, durará 20 minutos e cumprirá coas distancias e normativas que establecen as autoridades sanitarias.

Esta iniciativa xa leva a cabo noutras cidades. Ao longo deste 2022 a asociación promoverá unha campaña estatal, 'Regularización xa', de recollida de firmas para unha iniciativa legal para a regularización das persoas migrantes.

As principais demandas da asociación viran ao redor da derrogación da actual Lei de Estranxeiría e a súa "substitución por unha lei que respecte os dereitos humanos das persoas migrantes", ademais de novas políticas nas fronteiras españolas "que eviten mortes".

A entidade denunciou que ao longo do 2021 morreron 4.404 persoas tentando chegar ás costas españolas, o que supón un 103% mais que en 2020, e correspóndese cunha media de 12 mortes diarias.

Rescate de inmigrantes por ONG
Rescate de inmigrantes por ONG | Fonte: gaceta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta