Falecen cinco persoas que foran diagnosticadas con Covid

Unha das persoas falecidas tiña 58 anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/01/2022 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este xoves outros cinco falecementos vencellados á pandemia en Galicia. Os óbitos correspóndense ao pasado día 4 e 5 de xaneiro.  Elévanse a 2.805 o número de mortes pola pandemia en Galicia.

Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

O día catro de xaneiro faleceu un home de 91 anos no Hospital do Salnés e tamén un home de 58 anos no CHUVI, en Vigo.

Foi no día de onte cando faleceron outras tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Unha delas tiña 78 anos e faleceu no CHUO, en Ourense, así como outra muller de 66 anos, que faleceu no mesmo hospital. O último dos falecementos notificados polo Sergas correspóndese a un home de 90 anos que faleceu no CHOP, en Pontevedra.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta