A hostalaría galega, sobre a facturación na xornada de Reis: "Mesmo peor que a do ano pasado"

Vincula a baixa facturación ao medo polos contaxios e as restricións e limitación de ocupantes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/01/2022 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Representantes da hostalaría galega cualificaron de "frouxa" a xornada de Reis, cunha facturación nas festas "peor" que as anteriores, segundo expuxeron en declaracións a Europa Press. Así o manifestaron tanto o presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, como Lois Lopes, membro da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega.

"A facturación depende da xente que entra nos negocios e gasta e non hai a afluencia de antes", sostén Cheché Real, que o vincula co medo polos contaxios, pero tamén ás persoas en confinamento.

"O balance, moi frouxo", resume sobre estas festas e, en particular, sobre a xornada de Reis. En similares termos, pronúnciase Lois Lopes, quen asegura que houbo ocupación de mesas, pero dadas as restricións e a limitación de ocupantes "a facturación é mala".

"Peor que o ano pasado mesmo", sinala en relación ás festas anteriores e aludindo tamén ao feito de que estas sexan unhas celebracións familiares e pola existencia de persoas confinadas ou de contaxios algúns optasen por non reunirse ou reducir o número de membros.

A iso, suma as limitacións por mesa. "Non é o mesmo separar mesas de doce que mesas de oito", apostila sobre o menor número de comensais por esta circunstancia.

Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Ambiente nas rúas e establecementos de Vigo, a 27 de novembro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta