O alcalde do Barco postúlase para a presidencia do PSOE ourensán: "a militancia está desanimada"

Alfredo García comprométese a frear a "falta de sintonía" dos militantes coa dirección de Villarino

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, presentou este sábado na sede do PSdeG en Santiago de Compostela os 236 avais necesarios para ser candidato a liderar o Partido Socialista na provincia de Ourense. En declaracións aos medios desde o local do Pino, García manifestou a súa "esperanza" de que o día 23, cando se celebrarán as primarias, os militantes van falar " claramente" para pedir que "a militancia sexa o primeiro".

O rexedor iniciou o luns a recollida dos avais e "en catro días de traballo" --sen contar o festivo do 6, Día de Reiss-- conseguiu recoller "moi preto de 400", polo que afronta con "moitísima ilusión" un proceso interno no que se enfrontará ao actual secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino. García detecta "que a militancia está desanimada e non percibe que se conta con ela". "Falo dos militantes do montón, das pequenas agrupacións pero tamén das grandes, onde hai unha decepción, unha falta de sintonía coa dirección", explicou.

Todo iso levou a que "moitos compañeiros entendían que había que dar un paso á fronte" e que o alcalde do Barco "era a persoa idónea para facelo". "Para min é un orgullo. Eu levo toda a vida sen ningún tipo de dúbida neste partido. Sinto este partido, quero a este partido e quero o mellor para este partido", recalcou.

Durante a campaña, García tan só espera "falar cos militantes", que é onde estará "a chave" das primarias". Iso si, dixo ser consciente de que "sempre é difícil loitar contra o poder establecido", porque "de entrada, os que xa están levan vantaxe". "Pero creo que a experiencia deste catro días foi marabillosa", concluíu o alcalde do Barco de Valdeorras, quen tamén foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) entre 2015 e 2019.

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, presenta na sede do PSdeG en Santiago os avais para aspirar a liderar o PSOE na provincia de Ourense.. CANDIDATURA DE ALFREDO GARCÍA
O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, presenta na sede do PSdeG en Santiago os avais para aspirar a liderar o PSOE na provincia de Ourense.. CANDIDATURA DE ALFREDO GARCÍA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta