O BNG volve instar ao goberno local da Coruña a presentar a demanda para "recuperar" a Casa Cornide

"Ímolo facer cantas veces sexa necesario mentres non se inicien as accións legais", asegura Francisco Jorquera.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/01/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña volveu a instar o goberno local a presentar a demanda para "recuperar" a Casa Cornide, en propiedade actualmente da familia Franco.

Faino con motivo da pregunta que este xoves levará a pleno e na que, segundo informa, botará "man da ironía" para expor "se será capaz o goberno local de presentar a demanda xudicial para a restitución ao patrimonio público" do inmoble "antes da conclusión do presente século".

O BNG xa levou esta cuestión ao pleno do pasado mes de decembro e avanza que o volverá a facer "ante a inacción do goberno". "Ímolo facer cantas veces sexa necesario mentres non se inicien as accións legais".  sentencia o seu portavoz, Francisco Jorquera.

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta