A Xunta aposta polo Xacobeo como principal reclamo para atraer turistas a Galicia

O Goberno galego volve a Fitur coa idea dun "Camiño de Santiago como eixo central" da oferta turística do país.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/01/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Galicia volve a Fitur da man da Xunta cunha caseta de máis de mil metros cadrados. Alí, presentarase como destino "aberto ao turismo internacional" da man do Xacobeo e no que confluirán os "valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central".

O xerente dá Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, participa na presentación do expositor de Galicia en Fitur 2022
O xerente dá Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, participa na presentación do expositor de Galicia en Fitur 2022 | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

O xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, presentou este luns a proposta da Xunta para a 42 edición da feira internacional de turismo que recupera a súa data tradicional de principios de ano e que se celebrará, de forma presencial, do 19 ao 23 de xaneiro, dos cales os tres primeiros días só serán para profesionais do sector, mentres que a fin de semana incluirán ao público en xeral.

Emilio de la Iglesia destacou que se trata dun "escaparate" para Galicia, que "xa demostrou en 2021 que era un destino seguro". "E volverá facelo en 2022", destacou.

A caseta terá un deseño moderno e de cores vistosas, coas que se quere simbolizar a esperanza e a ilusión coa que Galicia afronta o segundo ano do Xacobeo, tras "demostrar que en 2021 era un destino seguro e bater marcas no que árecuperación do sector se refire", a pesar da pandemia, dixo.

Neste sentido, o espazo expositivo contará coa presenza do 'botafumeiro' de prata en tamaño real realizado polos ourives hai máis de 60 anos e co que os visitantes poderán fotografarse. Nesta ocasión, formará parte dun set que xogará con espellos como símbolo das moitas caras de Galicia como destino turístico.

En Fitur 2022, Galicia presentará medio centenar de produtos e destinos turísticos e unha vintena de catas que se desenvolverán nunha ducia de espazos expositivos e informativos.

Tamén haberá mostras de produtos enogastronómicos galegos de calidade, coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, así como espazos para a exhibición de artesanía en vivo, co apoio de medios audiovisuais e da campaña Camiña a Galicia.

"DEBERES FEITOS"

Emilio de la Iglesia remarcou que Galicia chega a Fitur "ilusionada e esperanzada", despois de ter "feitos os deberes" no ano 2021, de maneira que se situou como "líder na recuperación turística nacional", 22 puntos por enriba da media nacional, ata alcanzar cifras similares á prepandemia.

Este "éxito" fíxoo extensivo ao Camiño de Santiago, que pechou o ano con preto de 180.000 compostelas, un 20 por cento máis das previstas.

Baixo o seu punto de vista, iso é "froito da responsabilidade e do 'sentidiño' dos profesionais, dos visitantes e do conxunto da sociedade galega".

Con estes precedentes, a Xunta quere demostrar que, en tempos de pandemia, Galicia "é un refuxio e o Camiño, un oasis turístico ao aire libre". O Xacobeo, ademais, "seguirá sendo un dos motores de recuperación económica" para Galicia no ano 2022, afirmou.

"Imos a Fitur coa mensaxe de que Galicia está de moda, cunha oferta de calidade que é a que demandan os turistas despois da pandemia", apuntou. "Espazos abertos, non masificados, actividades ao aire libre, gastronomía, cultura e deportes conforman esa variedade que se reflicte nos espellos da caseta galega" na feira internacional de turismo, destaca a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta