O atropelo dunha persoa polo tren Vigo-A Coruña na localidade de Valga, obriga a transportar aos viaxeiros en bus

O sinistro se produciu sobre as 16,11 horas e o tráfico quedou restablecido ás 18,30 horas entre Pontecesures e Catoira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

A circulación ferroviaria viuse afectada e 72 pasaxeiros do traxecto Vigo-A Coruña tiveron que se trasladados en autobús ata o seu destino debido a que o convoi levou por diante unha persoa á altura de Valga.

Fontes de Renfe confirmaron a Europa Press que o sinistro se produciu sobre as 16,11 horas e o tráfico quedou restablecido ás 18,30 horas entre Pontecesures e Catoira. Ademais do convoi que atropelou á persoa falecida, outro, o que fai o traxecto A Coruña-Vigo, foi desviado ás vías do eixo atlántico.

Segundo informou o CIAE-112, notificáronselle os feitos aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil e ao persoal de Adif. Así mesmo, tamén foron informados os Bombeiros de Vilagarcía e os membros do GES de Padrón e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valga.

Unha vez chegados ao momento, os equipos de intervención confirmaron o falecemento da persoa. Ningún dos pasaxeiros a bordo resultou ferido.

Tren .. ADIF
Tren .. ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta