Vilaboa asina un convenio coa Deputación de Pontevedra para ampliar a Casa Consistorial e renovar a súa contorna

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2022 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vilaboa, César Poza, asinaron este mércores o convenio do Plan Reacciona Pontevedra (ReacPon), co que a administración provincial achegará 462.000 euros dos 993.000 euros que este Concello ten orzados para ampliar a Casa Consistorial e convertela "nun edificio funcional onde ofrecer un servizo público eficaz e eficiente á cidadanía".

Carmela Silva destacou que "hai grandes proxectos imposibles sen recursos extraordinarios para facer grandes investimentos" e, neste caso, a través do ReacPon ofrecen "resposta a esas necesidades, os concellos teñen que garantir igualdade de oportunidades e servizos de calidade".

"Parabén, alcalde, porque as bases eran esixentes pero poderase pór en marcha en tempo moi breve", felicitou a presidenta da Deputación a César Poza, "o proxecto de Vilaboa é potente, con moi bo criterio, en liña coa Axenda 2030", engadiu.

Pola súa banda César Poza destacou que "sen a Deputación este soño sería imposible" e explicou o seu obxectivo: "Queremos ser un referente". Así, indicou que este proxecto contempla un espazo centralizado para "encamiñalo aos colectivos para dinamizar socialmente a zona".

Casa Consistorial de Vilaboa
Casa Consistorial de Vilaboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta