Gadis fomenta os hábitos de alimentación saudable: xa está en marcha a segunda edición de Alimentes Digital

Esta iniciativa introduce melloras didácticas con respecto ao ano pasado e está dirixida tanto a profesores coma alumnos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/01/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Supermercados Gadis inicia a segunda edición de Alimentes Digital, a plataforma de formación interactiva deseñada para fomentar hábitos de alimentación saudables en Educación Infantil e Educación Primaria de Galicia e Castela e León.

Imaxe do menú saudable de Alimentes Digital
Imaxe do menú saudable de Alimentes Digital | Fonte: Gadisa

Esta iniciativa está dirixida tanto a profesores coma alumnos e introducíronse melloras para ofrecer un recurso didáctico aínda máis amplo grazas a experiencia obtida durante o curso pasado.

Alimentes Digital é unha adaptación do programa educativo Alimentes. Un compromiso de Gadis coa educación de calidade en hábitos saudables adquirido fai máis de 20 anos que se materializou con diferentes propostas formativas: talleres, actividades e visitas escolares aos supermercados.

Ante o reto de seguir interactuando coa comunidade educativa durante a pandemia, Gadis reformulou o programa ofrecendo unha ferramenta didáctica en liña que permite completar as horas lectivas e tamen acceder desde os fogares. Un novo proxecto que, na súa primeira edición, cultivou un importante éxito coa participación de preto de 10.000 escolares de 261 colexios, guiados por 357 docentes.

CONTIDOS E PREMIOS

A plataforma está baseada en catro piares: alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e redución do desperdicio alimentario. Como novidade, un apartado adicional sobre desenvolvemento local e produción sostible. Tamén se ampliaron e adaptaron os contidos para nenos e nenas do primeiro ciclo de Educación Infantil.

Alimentes Digital consta de 10 unidades didácticas centradas en seguir cada un dos pasos da cadea de alimentos, desde a lonxa ou o campo ata que chegan aos fogares. Adaptadas ao currículo oficial de Galicia e Castela e León, están diferenciadas por niveis educativos e distribuídas en catro bloques: dous ciclos de Infantil; 1º e 2º; 3º e 4º, e 5º e 6º de Primaria.

Participar neste proxecto ten premio. Os grupos que completen as dez unidades recibirán un kit do Plato Alimentes. O Menú Saudable, que inclúe a guía visual para planificar as comidas de maneira equilibrada e un receitario con numerosas propostas saudables. Para recibilo, o docente ten que solicitalo ao finalizar o programa. Ao rematar o curso, Gadis sorteará entre todos os colexios participantes 60 tablets.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta