Por E.P. | A CORUÑA | 13/01/2022 | Actualizada ás 19:25
O pleno da Coruña aprobou unha moción, proposta polo BNG, de apoio ao sistema sanitario público galego e en respaldo ás demandas do persoal médico de maiores recursos e mellores condicións. A moción foi aprobada cos votos a favor do PSdeG, a Marea Atlántica, BNG e a edil non adscrita Isabel Faraldo e o voto en contra do PP.
Nesta mesma seisón plenaria, rexeitouse estudar a municipalización do servizo de autobús en 2024, ao termo da concesión, cuestión exposta pola Marea Atlántica.
Por outra banda, e segundo informou o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, o consistorio xa abonou máis de 2,5 millóns de euros en axudas directas a persoas autónomas e pequenas empresas mediante o plan de reactivación económica e social (Presco).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.