Bugallo espera que a Semana Santa en Santiago sexa presencial

Este venres o alcalde compostelán participou na presentación do cartel para a Semana Santa 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A Praza do Obradoiro foi o escenario este venres da presentación do cartel para a Semana Santa deste ano ante a "esperanza", tanto do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, como da Xunta de Confrarías de Semana Santa, de que se poida facer presencial. De feito, o alcalde mostrouse "convencido" de que esta semana Santa vai ser "moi boa", pero non se atreve a especificar ata que punto.

O alcalde ha calcula que, ao ser entre o 8 e o 17 de abril, para entón xa pasaría a sexta onda e por iso, "por primeira vez en dous anos", poderase ter unha Semana Santa con "certa normalidade". O mesmo cre o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz Ramos, quen adiantou que están a traballar para que "a Semana Santa sexa presencial".

Con todo, o que non teñen claro é a afluencia de visitantes que vai haber, xa que, como mencionou Bugallo, "hai unha certa incerteza". Pero definiu esta incerteza como "unha dúbida positiva".

XERRO DE AUGA FRÍA

"Fai tres meses esperásemos unha gran afluencia", dixo Bugallo, pero describe esta sexta onda como "un xerro de auga fría" que fixo que moita xente non estea segura e pospoña a súa decisión de viaxar. Mencionou que antes do comezo de onda as reservas de países asiáticos como Xapón, Corea do Sur ou Taiwan estaban "recuperadas ao 100%", pero que agora están en dúbida.

Con todo, o rexedor espera que para febreiro se disipen toda a incerteza e que para a primavera "a recuperación sexa plena", aínda que non tan boa como esperarían antes do comezo da sexta onda.

Ademais do alcalde e da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Santiago, estiveron presentes o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, diversas entidades colaboradoras coa Semana Santa, o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, o concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte, e o portavoz do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete.

O CARTEL

O cartel para esta semana Santa do 2022 foi pintado a man "por primeira vez na historia" polo artista compostelán José Méndez. Ata a data usáronse fotografías. "Quixemos realizar non un cartel, senón un cadro que poida quedar exposto plasmando así este Xacobeo histórico e extraordinario pola situación sanitaria", explicou o presidente da Xunta de Confrarías.

No cadro están representadas todas as confrarías da cidade. Así mesmo, plásmase "toda a peregrinación que acaba aquí o seu camiño" e á xente que "supostamente tería que encher as rúas".

Enmarcándose no ano Xacobeo, as confrarías van pór en marcha unha serie de actividades complementarias ás 17 procesións programadas. Trataranse de "concertos e temas entre culturais e eclesiásticos". Con todo, o presidente da Xunta de Confrarías admite que non o van a pór en programa "ata que pasen 15 días ou un mes para ver como avanza a pandemia".

Presentación da Semana Santa de Santiago de Compostela. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press
Presentación da Semana Santa de Santiago de Compostela. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta