Outros dous óbitos por covid-19 elevan a 2.847 as vítimas por esta enfermidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2022 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este domingo outros dous falecementos por covid-19 en Galicia, que elevan a 2.847 as mortes con coronavirus desde que comezou a pandemia.

Un dos falecementos produciuse este sábado 15 de xaneiro e corresponde a unha muller de 77 anos ingresada no CHUS. O outro se rexistrou este domingo e trátase dun home de 84 anos ingresado no CHOP. Tal e como sinala a Consellería, todos presentaban patoloxías previas.

Sanitaria nunha UCI de hospital
Sanitaria nunha UCI de hospital | Fonte: EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta