Ames sancionará a aqueles que non recollan os excrementos dos seus cans con multas de ata 500 euros

O Concello inicia a campaña de sensibilización 'A cagada é NON recollela" ante as queixas reciibidas na sede municipal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

"A cagada é NON recollela" é o motivo escollido polas Concellarías de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá amesás para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as reiteradas queixas recibidas na sede municipal relacionadas coas molestias causadas polos excrementos de cans.

Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia
Cans de raza palleiro, autóctona de Galicia | Fonte: Club da Raza Can de Palleiro.

O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, insisten dende o Concello antes de sinalar que "provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais".  A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, e colaborararán coa Policía Local para que reforce a vixilancia neste eido, "podendo aplicar sancións dos 100 aos 500 euros". 

O Concello de Ames apunta que con esta iniciativa pretende chamar a atención ás persoas

propietarias de mascotas, en especial cans, para que sexan conscientes do impacto que xeran os excrementos abandonados nas vías públicas, tanto nas relacións entre a veciñanza e os donos e donas de cans como na calidade de vida no concello. “As deposicións crean un certo malestar entre os veciños e veciñas pola insalubridade que xeran”, destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens, que indicou que a campaña xurdiu “pola demanda da veciñanza” en forma de queixas en varios departamentos municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta