As farmacias poderán fornecer sistemas personalizados de dosificación de medicamentos neste primeiro trimestre

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/01/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

As farmacias galegas poderán fornecer os sistemas personalizados de dosificación de medicamentos aos pacientes no primeiro trimestre deste ano. Así o anunciou na mañá deste luns o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha xornada organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF).

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha xornada organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF)
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha xornada organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF) | Fonte: Xunta de Galicia.

Na súa intervención, sinalou que é unha das demandas máis reiteradas polos pacientes e os profesionais de farmacia, xa que supón mellorar o seguimento e adherencia ao tratamento.

Coa Lei de ordenación farmacéutica de Galicia --aprobada en 2019 e en pleno desenvolvemento--, a Xunta sinalou que se simplifica ao máximo o procedemento administrativo, ao permitir ás oficinas de farmacia prestar este servizo mediante unha declaración responsable, sen necesidade de esperar a que se tramite unha autorización.

Durante a sesión, celebrada en Madrid, o responsable da carteira de Sanidade da Xunta destacou o avance no desenvolvemento da nova Lei farmacéutica de Galicia. Así, dixo que, nestes momentos, están en pleno desenvolvemento outros cinco decretos que van regular a planificación e autorización de novas oficinas de farmacia; os horarios e as quendas de garda; a sinalización, a publicidade e as actividades de promoción; a creación das unidades de farmacia de atención primaria; así como o subministro de medicamentos a domicilio. Todos eles, dixo, terminaron o período de consulta pública o pasado venres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta