Aumentan os mortos con covid cando comeza a remitir a sexta onda; 12 novos na última semana

Tres deles procedían de residencias e dous deles faleceron nos seus domicilios

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/01/2022 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

O Sergas comunicou o falecemento de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus desde o pasado 16 de xaneiro ata o día 23. 

Unha das UCIs do CHUAC
Unha das UCIs do CHUAC | Fonte: Remitida.

Así, o día 16 de xaneiro morreu un home de 89 anos, no seu domicilio do Concello de Ribas de Sil (Lugo). O día 19 faleceu unha muller de 84 anos, no CHUVI.

Xa o día 21 foron cinco os mortos. Unha muller de 44 anos, no CHUF, un home de 83 anos, en POVISA e tres mulleres; unha de 95 anos, no Hospital da Mariña que procedía da Residencia O Valadouro, outra de 85 anos, no Hospital da Mariña, e outra de 99 anos, no seu domicilio no Concello de Lugo.

Finalmente o día 23 foron outros cinco os falecidos. Un home de 82 anos, no CHUS, unha muller de 54 anos, no CHUAC, un home de 89 anos, na Residencia Padre Rubinos, outra muller de 89 anos, no CHUO que procedía da Residencia de Carballeda de Avia e un home de 90 anos, no Hospital de Valdeorras. 

Segundo o sergas, todos tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta