Tres compañías galegas en FETEN, a maior feira de teatro para crianzas do Estado

Celebrarase en Xixón do 13 ao 18 de febreiro en Xixón.

Por Galicia Confidencial | compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

No camiño cara a vella normalidade está tamén a Feira europea de artes escénicas para nenos e nenas, que na súa 31 edición contará con menos limitacións pola pandemia da covid 19 que o ano pasado. Terá lugar do 13 ao 18 de febreiro en Xixón e ofrecerá a público e profesionais un programa que reflicte o traballo dos creadores nos últimos anos, especialmente no 2021, entre o que se atopan as propostas de tres compañías galegas.

Os Náufragos Teatro na feira FETEN, en Xixón.
Os Náufragos Teatro na feira FETEN, en Xixón.

Así, nesta edición, a Feira, que recibiu 822 propostas, acollerá 76 espectáculos en preto de 200 funcións de 76 compañías de 14 comunidades españolas e de Francia, Bélxica, Italia, Portugal e Arxentina. De Galicia estarán en Xixón/ Xixón: Tanxarina Monicreques, Os  Náufragos Teatro e Marta Alonso Tejada.

Con menos restricións pola pandemia da covid 19 que o ano pasado, FETEN volverá contar en 2022 coa comunidade escolar nos teatros. E a ese regreso hai que sumar propostas de rúa, espazos alternativos e seccións habituais co que a Fundación Municipal de Cultura e Universidade Popular de Xixón/ Xixón quere retomar a súa esencia como "escaparate de tendencias creativas, ademais de espazo de análise e intercambio de experiencias". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta