Miñones insta á Xunta a "poñerse por riba do ruído" ante o enfrontamento dos Fondos Europeos

O delegado do Goberno asegura que o reparto dos fondos "non é partidista".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou que o plan de recuperación posto en marcha polo Executivo estatal para os fondos europeos "non é partidista" e apelou á colaboración da Xunta na xestión destas partidas. "Temos que estar por encima do ruído, o plan de recuperación non é un plan de partidos, non é algo partidista, é un plan de nación", asegurou ao ser preguntado este xoves en Santiago de Compostela polas críticas do Goberno galego á repartición dos fondos europeos.

Na súa intervención, Miñones considerou necesaria a "colaboración das entidades, as administracións e o tecido empresarial" e lembrou que "existen 59 conferencias sectoriais" nas que se fala de "como, con que criterios e con que bases se fai o reparto", un feito que "deixa toda reclamación, toda queixa, fóra de lugar". Miñones, que apelou á "responsabilidade", subliñou que a Xunta terá que xestionar" moitas partidas tras recibir en 2021 "1.500 millóns" relacionados co plan de recuperación.

"Hai moitas liñas que hai que executar agora mesmo deses 1.500 millóns e, por tanto, hai que porse a traballar nesa liña e todos a un tempo, porque non hai outra forma de entender o plan de recuperación para que sexa esa oportunidade de éxito", finalizou.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, intervén nunha xornada sobre emprego e sustentabilidade organizada por Iberdrola. DELEGACIÓN DO GOBEIRNO
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, intervén nunha xornada sobre emprego e sustentabilidade organizada por Iberdrola. DELEGACIÓN DO GOBEIRNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta