Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 14:20
Continúa a polémica en redes sociais pola decisión dun suposto "xurado profesional" de deixar fóra da final do Benidorm Fest as Tanxugueiras. Unha decisión que foi modificada grazas ao masivo voto do público.
De feito, circulan xa varios vídeos nos que se pode ver como as tres representantes españolas deste xurado, Myriam Benedited, natalia Calderón e Estefanía García non aplaudiron a decisión do púbico de meter ao grupo galego na final, mentres si o facían os representantes austriaco e islandés.
Myriam Benedited e Natalia Calderón son do universo de Operación Triunfo, un dos programas estrela da TVE. A primeira, coreógrafa, a segunga cantante profesional, actriz, coach vocal, profesora de canto e produtora teatral. Pola súa banda, Estefanía García é a cota interna de TVE neste sanedrín de expertos musicais. Licenciada na especialidade de Ópera e Zarzuela pola Escola Superior de Canto de Madrid, desde hai 15 anos forma parte do Coro de RTVE.
Pola súa banda, os dous homes son Marvin Dietmannles é un director de escena austriaco e Félix Bergsson, xefe da delegación islandesa para Eurovisión e tamén forma parte do Grupo de Referencia da Unión Europea de Radiodifusión. Así foi a reacción ao coñecer a decisión do público:
O xurado internacional do #BenidormFest aplaudindo o voto do público para as Tanxungueiras.
— Marcos Ferro (@marcosferro14) January 27, 2022
O xurado de España coas mans nas pernas.
Parece que no Estado si que hai fronteiras.
Nada máis que dicir. pic.twitter.com/vMWXNve9hQ
Curiosamente, Anastasia, de orixe rusa, e que ten unha canle en Youtube, Diario de Ana, para españois e rusos, fala abertamente de "rabia" do xurado cara ás Tanxugueiras. A patir do minuto 11 deste vídeo, a youtubeira destaca o poder musical do grupo galego e asegura que, sen escoitar a súa música antes, está segura de que ten que ser finalista do Benidorm Fest e gañar tamén Eurovisión.
Tras a polémica decisión do xurado, #tongo converteuse en trending topic este xoves. Por iso, non son poucas as iniciativas que apareceron nas redes para apoiar ás Tanxugueiras este sábado, entre eles, unha pandeiretada pública ou unha recollida de sinaturas na plataforma change.org.
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- 'Agora vou cantar eu', o homenaxe do Consello da Cultura Galega ás cantareiras galegas
- Narón celebra o primeiro Mundial de Hip Hop esta fin de semana con máis de 800 participantes de diversos países
- Luís Fonsi e Diego el Cigala únense ao cartel do ciclo Son do Nordés na Coruña
- O Museo de Pontevedra recibe a doazón dun conxunto de cartas de Valle-Inclán e a súa muller Josefina Blanco
- A RAG homenaxea ás cantareiras o Día das Letras Galegas cun acto en Malpica
- Chencho Corleone, Bleesd, Justin Quiles, Sech e Hades66: o Reggaeton Beach Festival volve pisando forte