Sorpresas en Porto do Son, Corcubión, Muros e Pontecesures

Hoxe producironse algunhas sorpresas na constitucións dos consistorios municipais. O BNG rompeu o pacto en Porto do Son, Corcubión e Muros e o PSOE en Pontecesures. Aínda así, estas decisións víanse vir...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2007 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

Aínda así, houbo concellos, como foi o caso de Muros, Corcubión e Pontecesures nos que tanto nacionalistas coma socialistas negociaron na sombra co PPdeG posibles pactos e mesmo a constitución de gobernos de coalición, como finalmente aconteceu en Pontecesures e en Corcubión.

Destes acordos estaba perfectamente informada a dirección do PPdeG, e mesmo as impulsou, xa que, en moitos casos interviu directamente nas conversas como foi o caso de Corcubión, onde falou directamente co BNG e co PSdeG.

Tamén houbo atrancos en catro concellos de Lugo, aínda que nestes casos, os socialistas conservaron Foz, As Nogais e A Fonsagrada, sen o apoio do BNG; e os nacionalista, Ribadeo, co voto en contra do PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 o moinante

Coincido com galego do comúm em que é umha barbaridade o de expedientar ao membros do B.N.G. de Corcubiom ou do Porto do Som por nom apoiar a uns candidatos do PSOE que tenhem mais de lambóns e comenenzudos que de socialistas, a sua história pessoal o dí. Nom se pode fazer umha política de emancipaçom do País e das suas gentes com leituras "religiosas" de siglas e nom baixar ao rente da realidade em cada concelho

2 o moinante

Coincido com galego do comúm em que é umha barbaridade o de expedientar ao membros do B.N.G. de Corcubiom ou do Porto do Som por nom apoiar a uns candidatos do PSOE que tenhem mais de lambóns e comenenzudos que de socialistas, a sua história pessoal o dí. Nom se pode fazer umha política de emancipaçom do País e das suas gentes com leituras "religiosas" de siglas e nom baixar ao rente da realidade em cada concelho

1 galego do común

O BNG polo visto non considera súas as alcaldías de Muros e Corcubión e pensa expulsar do partido ós militantes que apoian estes pactos "contra natura".

Se en Corcubión o PSOE pactase co PP tería sido expedientado pola dirección do partido?. De seguro non, pois o PSOE nas eleccións do 2003 non apoiou á forza máis votada que era o BNG e doulle a alcaldía a uns independentes. Logo integrou ós independentes no PSOE e levou a sorpresa de non acadar a maioría absoluta nas eleccións de Maio.

Como pode o PSOE de Corcubión solicitar o apoio do BNG se ese partido non apoiou ó BNG no 2003?.
Como pode expedientar o BNG ós seus militantes en Corcubión por non apoiar ó PSOE despois disto?

De 315 concellos houbo problemas en 4. Eu creo que é unha boa nova, e que nos problemas locais os partidos deberían dar máis liberdade e desde logo non expedientar a ninguén. Como podemos expedientar ó BNG de Porto do Son por non apoiar a un alcalde do PSOE que sostivo en 4 anos un dos gobernos con máis corrupción urbanística no pais?
É dicir os do PSOE a roubar e os do BNG a apoiar ós que rouban e senón a ser expulsados do partido.

¿quen saberá máis do PSOE de O Son, as direccións xerais ou as agrupacións locais?
Se son expedientados , eu xa non entendo nada. A política de partido vale como norma xeral máis hai concellos onde convén facer excepcións e renovar, inda que goberne o PP coma menos malo.