Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2022 | Actualizada ás 16:07
O apoio masivo da sociedade galega (e estatal e internacional) non foi suficiente para levar ás Tanxugueiras ao escenario de Eurovisión, e finalmente será Chanel e o seu 'SloMo' quen represente ao Estado español no certame. Porén, a candidatura das pandeireteiras é xa todo un fenómeno popular. Mostra diso son os numerosos exemplos de 'fan art' que circulan polas redes e outras moitas mostras de cariño e apoio que está a recibir Tanxugueiras.
Sen ir máis loxe, o alumnado de 5ºA do CEIP Quiroga Palacios (Santiago de Compostela) realizou un videoclip en lingua de signos para amosar o seu apoio ao trío galego:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.