Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 17:55
A Consellería de Medio Rural decidiu adiantar a este martes, 1 de febreiro, a incorporación de 627 fixos descontinuos --de nove meses-- do servizo de prevención de incendios debido á "desestacionalización" de lumes. Tras unha fin de semana no que se rexistraron varios lumes en Galicia, nun contexto de varios días sen choivas, o Goberno galego informa de que incorpora "xa" a estes efectivos.
En pasados anos, este bloque de 627 fixos descontinuos incorporábase habitualmente a comezos de marzo e os seus nove meses de traballo ían ata finais de novembro. Agora, a Xunta sinala que pasan a estar en activo a 1 de febreiro ante a "progresiva desestacionalización que se está rexistrando cos incendios forestais, favorecida polo cambio climático, procurando unha reacción áxil ás situacións cambiantes en relación cos lumes".
Igualmente, Medio Rural lembra que puxo en marcha outras medidas como a prohibición de queimas forestais e o reforzo do despregamento sobre o terreo de membros da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.