Reunión entre veciños de Teo contrarios á reapertura de Casalonga e o secretario de estado de Medio Ambiente

Hugo Morán adiantoulles a próxima aprobación dunha lei de residuos e solos contaminados que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023 e que inclúe un imposto aos residuos de construción que non se reutilice

Por Galicia Confidencial | Teo | 04/02/2022 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Tres representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos desprazáronse ata A Coruña este pasado xoves acompañados pola concelleira socialista Uxía Lemus, para reunirse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. Esta xuntanza fora acordada meses atrás nunha reunión previa co delegado do goberno, José Miñones.

Reunión Casalonga co secretario de estado Medio Ambiente
Reunión Casalonga co secretario de estado Medio Ambiente

Os representantes de Casalonga aproveitaron para lembrarlle que dende o último contacto con esta institución, en abril de 2019, non se apreciara moita evolución pola súa parte nunha problemática que se espalla por diferentes territorios e afecta especialmente a lugares da contorna como Miramontes, Fecha ou Vila de Cruces, motivo polo que a abordaron dende o ámbito estatal en xeral e autonómico en particular.

Ante isto, o secretario adiantoulles a próxima aprobación dunha lei de residuos e solos contaminados que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023 e que inclúe un imposto aos residuos de construción que non se reutilicen, propiciando así a economía circular e copiando un sistema que está a dar hipotéticos bos resultados en Cataluña.

Se ben a plataforma valorou esta medida como un paso adiante, mantivo a necesidade de modificar o decreto 975 para disuadir ás empresas na súa picaresca, medida que o secretario valorou estudar. Dado que a lei que se pretende modificar atinxe ao ámbito estatal, a xuntanza rematou coa negativa a prohibir o uso de canteiras como vertedoiros amparándose en que a casuística noutros lugares era moi diferente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta