A Coruña recupera as celebracións tradicionais do Entroido

En palabras da alcaldesa, Inés Rey, búscase que "toda a cidade poida volver gozar con normalidade dunha festa como o Entroido" e tamén "apoiar ás comparsas e ao sector cultural e festivo da Coruña".

Por E.P. | A CORUÑA | 05/02/2022 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña recuperará este Entroido as tradicionais celebracións que teñen lugar con motivo desta festividade na cidade herculina.

Deste xeito, desde o 17 de febreiro e ata o 2 de marzo, celebraranse eventos como o concurso de comparsas, o xoves de comadres, as diferentes ofrendas florais a figuras destacadas do Entroido, a entronización do Momo, o desfile de disfraces pola cidade e os habituais concursos de disfraces de adultos e nenos, así como a festa 'choqueira' en Monte Alto, que terá lugar o 1 de marzo.

Tras un ano marcado pola pandemia no que non foi posible realizar todas estas actividades, o Concello aposta por recuperar a normalidade organizando numerosos eventos e actividades.

En palabras da alcaldesa, Inés Rey, búscase que "toda a cidade poida volver gozar con normalidade dunha festa como o Entroido" e tamén "apoiar ás comparsas e ao sector cultural e festivo da Coruña".

SANEAMENTO

O Concello tamén informou este sábado de que inviste 729.000 euros en catro novas obras de saneamento no barrio da Zapateira. Os traballos levarán a cabo durante os próximos meses nas rúas Marsella, Salzburgo e Roma, Torino e Amberes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta