Axudas da Xunta de 10.000 euros para tecores cinexéticos que garantan o equilibrio dos seus hábitats

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio da Consellería do Medio Rural que recolle a resolución das axudas concedidas no marco da orde de 2021 para apoiar as accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Xunta convocou as axudas dirixidas aos titulares de terreos cinegéticamente ordenados (tecor) de Galicia, que poderán acceder a incentivos de ata 10.000 euros para levar a cabo actuacións que garantan o equilibrio destes hábitats.

Nun comunicado remitido aos medios, a Consellería de Medio Ambiente explica que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres a orde, que recolle un orzamento global de 200.000 euros.

Segundo sinala o departamento autonómico, esta tamén se dirixe ás agrupacións de tecores --que carecendo de personalidade xurídica-- presenten unha solicitude conxunta, para realizar actuacións de mellora de hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica de mato, a fertilización e sementeira de cereal ou leguminosas --liña á que se destina un orzamento global de 125.000 euros--.

A segunda liña de actuacións é a construción de tobos artificiais en terreos cinexeticamente ordenados, a condición de que non afecten a hábitats prioritarios --a orde fixa un investimento total de 75.000 euros--.

A axuda poderá alcanzar o 100% da actuación subvencionable, pero fíxase un máximo de 10.000 euros para as actuacións de roza e trituración e de 6.000, no caso da construción de tobos. En canto ás solicitudes, o prazo de presentación xa está aberto --ata o 4 de marzo-- e será obrigatorio presentalas de forma telemática.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explicou o contido desta orde aos membros da Asociación agraria galega (Asaga), cos que mantivo unha reunión nos últimos días.

UNS 10,2 MILLÓNS A TRABALLOS DE SILVICULTURA

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio da Consellería do Medio Rural que recolle a resolución das axudas concedidas no marco da orde de 2021 para apoiar as accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.

Cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, as achegas superaron os 10,2 millóns de euros a case 400 beneficiarios, para actuar nunha superficie de máis de 5.500hectáreas.

Por provincias, na de Ourense, contabilízanse 149 beneficiarios para 2.737,17 hectáreas, cun importe de máis de 5 millóns; na de Lugo foron 102 expedientes para 1.119,92 hectáreas, cunha achega total de máis de 2 millóns; en Pontevedra hai 97 beneficiarios para actuar en 1.146,20 hectáreas, cunha axuda global de 2 millóns; e, por último, na da Coruña, aprobáronse 45 expedientes para traballar en 524,97 hectáreas, cun importe de case 1 millón de euros.

Así, no conxunto de Galicia, son un total de 393 expedientes aprobados, para unha superficie de actuación de 5.528,26 hectáreas, por un importe de máis de 10,2 millóns de euros. Estas achegas están dirixidas a executar rareos e podas en masas coníferas, así como a tratamentos silvícolas en masas frondosas caducifolias, alcornoques e aciñeiras e para a rexeneración ou mellora de soutos de castiñeiros.

AXUDAS PARA A TRASFORMACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) tamén publica este luns a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan este ano 30 millóns de euros en axudas para os investimentos en trasformación e comercialización de produtos agrarios.

Tamén cofinanciadas co Fondo Feader, o importe destas subvencións supón un incremento dun 15% con respecto á última convocatoria. Como novidade, apoiaranse ás asociacións de produtores que se unan para levar a cabo investimentos en común.

Así, concederáselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

A estas axudas poden optar os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén se sufragará a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos. O fin último crear novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes.

PREMIOS EXCELEITE

Por outra banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura eIndustrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou este luns dúas explotacións lácteas situadas no municipio de Trazo que foron recoñecidas nos últimos anos con diferentes distincións dentro dos premios Exceleite, que promove a Xunta.

Con estes galardóns, a Xunta destacou que se premian as explotacións galegas singulares de vacún de leite e aválase a excelencia hixiénico-sanitaria dos produtores de leite cru de vaca en Galicia.

A primeira das gandarías visitadas por José Balseiros foi Casa Landeira de Oa, que recibiu o Exceleite de ouro de 2021 na categoría semiextensivo grande e que xa no 2020 fora Exceleite de prata e no 2019 finalista. Esta explotación conta cun censo de 156 animais, dos que 88 son vacas reprodutoras.

A segunda explotación, denominada Castiñeiras de Oa, foi finalista na última edición, correspondente a 2021, na categoría de intensivo grande. Ademais, recibiu o Exceleite de prata nesta mesma tipoloxía de granxa no 2020. O seu censo ascende a 127 exemplares, dos que 66 son vacas reprodutoras.

Imaxe dun cazador
Imaxe dun cazador | Fonte: LIBERA e FFW - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta