Piden 10 anos de cárcere para unha muller acusada de trata de persoas e explotación sexual

Tamén que a acusada indemnice á prexudicada con 6.000 euros por danos morais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará este martes a unha muller acusada de trata de persoas e explotación sexual, para a que a Fiscalía pide dez anos de cárcere. Procede do Xulgado de Instrución nº5 da Coruña.

Tal e como relata a Fiscalía no escrito de acusación, a acusada contactou coa vítima, natural de Colombia e onde residía nese momento nunha situación económica precaria, pra ofrecerlle vir a España a traballar como prostituta, actividade que exercía en Colombia. Así, en setembro de 2018, envioulle o diñeiro necesario para o billete de avión. Segundo acordaron, o importe dos gastos (1.000 euros) debía ser devolto pola vítima mediante as cantidades percibidas polos servizos prestados.

Con todo, axiña que chegou a España a débeda de contraída coa acusada polos gastos do transporte e entrada no país, ascendeu ata os 10.000 euros. A acusada impúxolle ademais unhas condicións de traballo "do todo abusivas", 24 horas ao día os sete días da semana, sendo o prezo dos servizos de 50 euros por media hora, 100 euros a hora e un prezo mínimo de 40 euros por 20 minutos, de cuxas ganancias debía entregar á acusada o 50%, e co 50% restante debía abonar o aluguer do piso no que residía e os gastos de alimentación. Do total que a acusada lle esixiu á vítima, esta chegou a abonar unha cantidade aproximada de 2.000 euros.

O día 4 de novembro de 2018, ao redor das 22,00 horas, a acusada encerellouse coa vítima nunha discusión ao dicirlle esta que desexaba volver ao seu país e deixar de exercer a prostitución. Nese momento, tiroulle o pasaporte á cara, empuxouna contra a parede e ameazouna con darlle unha puñalada e matala se non continuaba traballando ata saldar a débeda.

A vítima logrou fuxir e refuxiouse na estación de autobuses da Coruña, onde foi auxiliada por persoal de seguridade.

PENAS

Por todo isto, a Fiscalía pide para o acusada oito anos de prisión por un delito de trata de seres humanos con fins para a explotación sexual, cun delito de prostitución e explotación sexual; un ano e unha multa de seis meses cunha cota diaria de 10 euros por un delito contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros; outro ano por un delito de falsidade en documento oficial; e unha pena de dous meses de multa cunha cota diaria de dez euros por un delito leve de lesións.

Ademais, piden que a acusada indemnice á prexudicada con 6.000 euros por danos morais.

Xulgados de Santiago, en Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago, en Fontiñas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta