(Vídeo) Así foi a manifestación de 5.000 persoas contra a "invasión eólica" de Galicia

A mobilización tivo lugar o pasado mes de decembro e fixo saír ás rúas a veciños de diversos puntos do país.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O pasado 11 de decembro tivo lugar unha gran mobilización contra o actual modelo de enerxía eólica de Galicia. Agora, Adega, en nome da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 170 colectivos de toda Galiza, veñen de facer público un vídeo que retrata o "enorme apoio e seguimento" que tiveron as mobilizacións fronte a "invasión eólica" celebradas ese día.

Imaxe da mobilización eólica do 11D
Imaxe da mobilización eólica do 11D | Fonte: ADEGA

 

"Naquela xornada", apuntan, "máis de 5000 galegos e galegas, botámonos unha vez máis á rúa para reclamar unha moratoria eólica real no noso territorio. Volvemos incidir en que estamos a favor das enerxías renovábeis, pero rexeitamos o actual modelo eólico colonialista, depredador, antiecolóxico e antisocial. Volvemos dicir que necesitamos outro Plan Sectorial Eólico para Galiza e que as 'leis de depredación' están asoballando os dereitos da cidadanía e favorecendo ás promotoras eólicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta