O certificado covid seguirá vixente porque o "virus continúa tendo unha elevada circulación"

O TSXG autoriza a súa prórroga ata o 26 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2022 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Oautorizou á Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 26 de fe Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) breiro, a esixencia de presentar o certificado covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para desenvolver unha serie de actividades. Estaba vixente ata este sábado 12.

Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar, a 18 de setembro de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Segundo informa o TSXG, os maxistrados consideran que é necesario ampliar a vixencia da medida debido á situación epidemiolóxica da comunidade e á existencia de risco de transmisión do virus.

Por tanto, o documento seguirá sendo requirido para entrar nos locais de hostalaría e de lecer nocturno, así como para acceder ás residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional, a instalacións pechadas nas que se practique actividade física e deportiva non federada, a piscinas cubertas, a albergues turísticos e a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o consumo no seu interior.

Do mesmo xeito, o certificado tamén continuará esixíndose ás visitas dos pacientes ingresados en hospitais.

O TSXG conclúe no auto, contra o que cabe presentar recurso, que se mantén o xuízo de "idoneidade, necesidade e proporcionalidade" da medida, pois os valores que mostra o estudo técnico achegado pola Consellería de Sanidade "seguen sendo elevados, o que indica que o virus continúa tendo unha elevada circulación".

O pasaporte covid-19, segundo subliñan os maxistrados, fai que sexa compatible o desenvolvemento de certas actividades "coa contención da expansión do virus". Ademais, destacan que a medida trata de protexer "a persoas que presentan unha especial vulnerabilidade", como as residentes en centros sociosanitarios de maiores ou as hospitalizadas.

TAXA DE INCIDENCIA

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, de acordo coa información presentada pola Xunta, advirte que a taxa de incidencia do virus experimentou, desde o 10 de outubro 2021, "un forte incremento".

Así, destaca que, a pesar da actual tendencia decreciente, "non se achega á taxa de incidencia que había antes do 10 de outubro de 2021, é dicir, ao comezo da sexta onda". Así, sinala que o 29 de outubro a taxa acumulada a 14 días era de 18,17 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que o pasado 5 de febreiro situouse en 2.653.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta