Morre unha muller en Begonte tras sufrir unha caída contra un pozo

A muller recibiu un golpe contra a estrutura exterior do furado e foi atopada dentro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu no municipio lugués de Begonte ao sufrir unha caída e bater coa cabeza contra a estrutura dun pozo. O suceso, segundo informou na mañá deste sábado o CIAE 112 Galicia, produciuse ao redor das 23,00 horas do venres nunha vivenda do centro urbano de Begonte.

Tras recibir a alerta, un equipo de emerxencias composto polos bombeiros de Vilalba e profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse á casa, situada na estrada en dirección Rábade. Os bombeiros recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller, apunta o CIAE 112 Galicia.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta