Alerta laranxa por temporal costeiro este domingo no litoral da Coruña

A costa de Lugo e Pontevedra, así como varias zonas de interior, estarán en aviso amarelo por choiva e vento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A entrada dun temporal este domingo en Galicia fará que o litoral da provincia da Coruña estea en alerta laranxa ante as previsións de fortes ventos. A activación da alerta foi comunicada este sábado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, que chama a extremar as precaucións ante a chegada deste fenómeno meteorolóxico.

Ademais, este domingo tamén estarán en aviso amarelo as costas de Pontevedra e Lugo, así como a práctica totalidade do interior da Coruña e Pontevedra e outros puntos de Lugo e Ourense, onde se esperan abudantes precipitacións. Na costa, o risco estará ante os ventos do sur e suroeste que poderían deixar refachos máximos de 70 quilómetros por hora, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Nun comunicado, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, así como diques, rompentes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Forte ondada nas praias da Coruña este sábado, 8 de xaneiro de 2022.. M. DYLAN
Forte ondada nas praias da Coruña este sábado, 8 de xaneiro de 2022.. M. DYLAN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta