Galicia reclica un 1,4% máis de plástico, latas e briks

A Xunta e Ecoembes propoñen a 13 concellos incrementar nun 10% a recollida do colector amarelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sinalou que losgalegos reciclaron un 1,4% máis de envases de plástico, latas ou briks através do colector amarelo, co que se incrementou en 458,92 a toneladas recuperadas.

Tras lembrar que en 2021 os galegos tamén enviaron a Sogama 405 toneladas menos de desperdicios incluídos na fracción resto, aquela que se recolle a través do colector xenérico e que se corresponde coa chamada bolsa negra, a responsable autonómica considerou estas cifras "significativas", ao mesmo tempo que se corresponden co período inmediatamente posterior ao 2020, marcado pola influencia que tivo a pandemia e o confinamento domiciliario na produción de residuos.

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo

COLECTOR AMARELO

A Xunta de Galicia e Ecoembes propuxeron a 13 concellos galegos incrementar nun 10% a recollida de residuos do colector amarelo. Este reto realizouse no marco da terceira edición da campaña de reciclaxe 'Únete ao reto'.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ÁngelesVázquez, e o xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez,presentaron este martes, por videoconferencia, a campaña a losmunicipios participantes: Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar eTomiño.

Durante a súa intervención, Vázquez indicou que "aínda que o esforzo se vexa como inalcanzable, é posible e materializable, tal e como se demostrou nas anteriores edicións". Os 13 concellos reciclaron en 2021 máis de 1.700 toneladas de envases de plástico, latas e briks, polo que, se se alcanza o obxectivo deste ano, aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados.

Nese sentido, a conselleira convidou aos 178.000 veciños destes concellos a colaborar nesta campaña, que arrincará o próximo 1 de marzo e finalizará o 31 de maio, e depositar nos colectores amarelos estes materiais que, tras o seu tratamento, recíclanse e convértense nunha nova materia prima.

A Xunta asegurou que este esforzo se verá recompensado cunha aportación de 2.000 euros para doar á causa social que cada concello elixa, polo que reciclar, afirmou a conselleira, "ten premio", tamén porque reducirían a súa factura do lixo por bolsa negra, e, sobre todo, para o medio ambiente, xa que se evita o uso de recursos e extracción de novas materias primas e se aposta pola economía circular.

1,4% MÁIS DE ENVASES DE PLÁSTICO RECICLADOS EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta