Aumentan os casos de violencia de xénero en Pontevedra

A Policía Local tivo que intervir en máis casos durante o ano 2021.

Por E.P. | Pontevedra | 18/02/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Policía Local de Pontevedra detectou un incremento dos casos de violencia de xénero no concello durante o pasado ano 2021, segundo a Memoria elaborada por este corpo de seguridade e que este venres foi presentada pola concelleira de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

En concreto, no ano 2021 producíronse un total de 32 intervencións por parte da Policía Local en casos referidos ou relacionados coa violencia de xénero. Houbo nove homes detidos e 23 investigados. Deses detidos, oito foron por malos tratos e un por quebrantamento da orde de afastamento. Dos investigados non detidos serían sete por malos tratos e 16 por quebrantamento da orde de afastamento. Do seguimento realizado sobre os agresores, sete deles acabaron en prisión. 

Na actualidade, a Policía Local ten 18 vítimas baixo protección, dúas en risco medio, dez en risco baixo, seis en risco non apreciado. O ano pasado, no 2021, un total de 42 vítimas contaron con protección xudicial prestada polo corpo de protección local.

A idade media dos agresores sitúase, durante o ano pasado, é de 32 anos. Para as vítimas é de 33.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta