A Xunta manterá a máscara nas escolas porque "aínda é cedo" para quitala no recreo

Recoñece que a mellora da situación epidemiolóxica "vai máis lenta" do que lles "gustaría".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2022 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, considerou este domingo que "aínda é cedo" para quitar a recomendación de manter a máscara nos recreos dos colexios mentres "non termine a vacinación dos nenos de cinco a 11 anos".

Así o manifestou o titular de Sanidade este domingo nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, na que sostivo que Galicia entende, "e así o comité clínico o avalou", que os patios dos recreos "poderían estar dentro" da definición de aglomeración.

"Evidentemente, non todos os patios son iguais, hai distintas tipoloxías, pero pareceu prudente nese momento tomar esa consideración de aglomeración e de risco e recomendar que nesas situacións se manteñan", explicou o conselleiro, que se referiu especificamente a "a entrada e saída dos colexios" e aos "recreos". Ademais, asegurou, ademais, que se trata dunha medida que "a maior parte dos profesores apoiaron".

Así mesmo, preguntado pola a recomendación da Asociación Española de Pediatría (AEP) que pedía unha retirada progresiva da máscara nas aulas, o conselleiro cualificou de "positiva" calquera recomendación dunha "sociedade científica" pero incidiu en que en Galicia as decisións tómanse no contexto do comité clínico, que considera que "aínda é pronto" para dar ese paso.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

Na entrevista, o conselleiro recoñeceu que a mellora da situación epidemiolóxica vai "máis lenta" do que lles "gustaría" pero puxo en valor que os pacientes ingresados "sigan diminuíndo". "Esperamos que siga producíndose esa diminución dos ingresados, especialmente no ámbito da hospitalización convencional", sostivo.

Con todo, incidiu en que segue "preocupando" o número de falecidos. "Hai en todo o proceso 3.074 falecidos en toda Galicia e estes días segue habendo casos de falecemento, o que non nos gusta, e seguimos traballando para que isto non suceda".

OBRIGATORIEDADE DO CERTIFICADO COVID

Por outra banda, preguntado sobre se a Xunta pedirá á xustiza unha nova ampliación da obrigatoriedade do certificado covid na hostalaría e para as visitas a centros sociosanitarios e hospitais, Comesaña asegurou que este será un tema que se abordará na reunión do comité clínico o vindeiro martes.

O conselleiro tamén volveu a defender a proposta de Galicia de reducir a cinco os illamentos por corentena pero sostivo que a decisión deberá ser acordada co resto de comunidades e o Ministerio.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en rolda de prensa este mércores 26 de xaneiro. XUNTA/CONCHI PAZ / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en rolda de prensa este mércores 26 de xaneiro. XUNTA/CONCHI PAZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Nin p. idea de nada ! Imos cumprir dous anos e "preocupalle o número de falecidos" e a calquera lle preocuparía logo de 3 dosis de vacinación ! Todo apunta a que as vacinas foron un gran negocio, pero ou non evitan a mortalidade ou as propias vacinas son as responsables de aumentaron a mortalidade (?) A estas alturas non temos ningún estudo serio sobre as mortes da sexta ola... Curioso Silencio !

1 Conchi

Para empezar no sé a qué viene otra vez este rollo, salió un RD de obligado cumplimiento, mascarillas solo en eventos multitudinarios, no sé si sabéis lo que es eso, y eso es competencia del gobierno no de las autonomías, basta ya de maltratar a los niños,los nuestros en el recreo no llevan mascarilla,a ver quién te obliga por escrito y que ponga su firma,recomendable es que se la ponga el que quiera, claramente