Galicia aumenta o gasto en I+D pero perde investigadores

Subiu un 13% en 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O gasto de I+D en biotecnoloxía foi de 104,9 millóns de euros en Galicia en 2020, o que supón un 13% máis que en 2019, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). Este repunte está por encima do 0,9% de avance que se rexistra na media estatal durante 2020. O investimento en I+D en biotecnoloxía no país foi de 2.059 millóns de euros.

O gasto galego supón o 5,1% do total do Estado, que aumenta o seu peso respecto ao 2019. De tal forma, Galicia ocupa o sexto posto entre comunidades. Á cabeza, están Cataluña, con 626 millóns (o 30,4%), e Madrid, con 522,8 millóns (o 25,4%). Do total de 104,9 millóns de gasto en Galicia, 28,3 millóns correspóndese con investimento de empresas, mentres que 76,6 millóns son do resto de sectores.

En Galicia, o total de persoas que se dedican a actividades de I+D en biotecnoloxía, en equivalencia a xornada completa, son 1.616 (911 delas mulleres). Supoñen 111 menos que os 1.727 que había en 2019. No tocante a investigadores, hai 1.136 investigadores (596 mulleres) a xornada completa en I+D en biotecnoloxía en Galicia en 2020, o que se traduce en 84 menos que os 1.220 que había en 2019.

Equipo de investigadores da USC. USC
Equipo de investigadores da USC. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta