Luís Zahera consigue que Broncano pida votar polo Carballo de Conxo: "Malo será que non gañe!"

A menos de cinco días de que remate o prazo de votación, o actor compostelán Luíz Zahera visitou La Resistencia e, por casualidade, conseguiu que outro compostelán pedira votar á histórica árbore.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Faltan menos de cinco días para que remate a votación da que sairá elixida a Árbore Europea do Ano 2022. Nese contexto, e sen poder xa ver a posición que ocupa no ranking o Carballo do Banquete de Conxo, chegan os derradeiros esforzos por promocionar a candidatura do histórico carballo e seguir sumando votos. Unha campaña á que nos últimos días se sumou o galego Luís Tosar e o programa Zapeando, de La Sexta, onde acompañaron a promoción co tema 'Terra' das Tanxugueiras. Tamén Luís Zahera, quen hai xa días animou a votar á árbore compostelá nun orixinal vídeo, volveu facelo: desta volta no programa La Resistencia, de Movistar+, presentado por David Broncano.

Luís Zahera promociona a candidatura do Carballo de Conxo en La Resistencia.
Luís Zahera promociona a candidatura do Carballo de Conxo en La Resistencia.

Foi de feito o humorista de Jaén pero nado en Santiago de Compostela, quen animou aos seguidores do programa a votar polo carballo. Zahera limitouse entón a traducir ao galego aquilo que o presentador dicía, ambos con ton humorístico, característico tanto do actor como do programa. A promoción viu tamén acompañada de gaitas, que Zahera calificou de "souvenir" ou "yonkis", pois en nada se parecía o son que producían os colaboradores do programa ao que en verdade emiten as gaitas.

Broncano, pola súa banda, calificou o Carballo do Banquete de Conxo de "imponente" e dixo estarmos moi "orgullosos" de presentalo ante Europa. Pediulle tamén ao actor algunha frase 'galega' para acabar o alegato. Zahera suxeriulle un "era mellor morrer" que acabou nun "malo serä! (que non gañe). Finalmente o cómico rematou o seu alegato exclamando un "Viva Galicia!", que foi corrixido por Zahera: "Viva Galicia ceibe!"

O prazo para votar polo Carballo de Conxo remata o 28 de febreiro e pódese votar aquí. Para que os votos se contabilicen é preciso elixir dúas árbores e verificar os votos premendo no enlace que envía o concurso ao mail, após ter realizado a votación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta