A Xunta insta o Goberno a dar "maior flexibilidade" á execución dos fondos para proxectos demográficos

Pide ter en conta as "peculiaridades de cada territorio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2022 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, instou ao Goberno central a outorgar en 2022 "a maior flexibilidade posible" na execución dos fondos destinados a proxectos singulares no ámbito demográfico, enmarcados no Fondo de Cohesión e Transformación Territorial.

O director xeral, na súa intervención por videoconferencia na Comisión Sectorial para o Reto Demográfico, lembrou que as características demográficas de cada Comunidade son diferentes, "polo que é necesario dar resposta ás peculiaridades de cada territorio na execución dos fondos".

Segundo informou a Xunta nun comunicado, na Comisión tamén se abordou a situación do grupo de traballo que elabora o indicador 'Insiste', "que permitirá analizar a situación demográfica dos distintos municipios en España".

"Galicia participa neste grupo de traballo, onde remarca a necesidade de ter en conta cuestiones como a dispersión xeográfica ou o envellecemento da poboación, aspectos fundamentais á hora de armar estratexias e iniciativas que atendan á cuestión demográfica", explican.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, responde a preguntas orais na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. XOÁN CRESPO
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, responde a preguntas orais na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta