O Foro Económico constata unha retardación do crecemento da economía galega

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia constata, no seu indicador, unha retardación do crecemento da economía galega na parte final de 2021. Así, obsérvase un avance do 3% en termos interanuais no mes de decembro, o que supón un descenso respecto ao 3,4% de novembro.

Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: PSA Peugeot Citroën - Arquivo.

No acumulado do ano, o crecemento do PIB galego está por enriba do 5%, tal e como publicaba recentemente o Instituto Galego de Estatística.

O Foro achaca esta retardación aos "atrancos motivados pola falta de subministracións e a alza dos prezos das materias primas".

Pola súa banda, continúa o comportamento "extraordinario" de variables como o sector turístico, con crecementos superiores ao 100%. No outro extremo, as vendas no comercio ao por menos sofre un retroceso de máis do 20%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta