Se es estudante, xa podes participar nos concursos de carteis e curtas sobre doazón e transplantes

Sanidade apela á formación da mocidade para "influír de modo positivo na súa contorna máis próxima".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade chama o estudantado a participar nos concursos de carteis e curtametraxes convocadas co fin de fomentar e concienciar sobre a importancia da doazón e os transplantes de órganos e tecidos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López; o director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; e Marta Álvarez Vázquez da Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS, convidou o estudantado galego a participar nestas iniciativas para "sensibilizar" e promover unha "actitude positiva, solidaria e altruísta".

Comesaña, no acto celebrado no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), en San Lázaro, agradeceu a solidariedade de doantes e das súas familias, así como o labor de todos os profesionais que fan posible a doazón e os transplantes.

Por unha banda, chaman a participar no IV Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes de órganos. O conselleiro destacou que se establecen dúas categorías: unha para alumnado de quinto e sexto de primaria; e a segunda para estudantes de 1º, 2º e 3º da ESO.

A segunda das iniciativas presentadas corresponde ao VIII Concurso de curtametraxes que teñen como temática principal a doazón de órganos e os transplantes. Pode participar o alumnado de Bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regulada de toda Galicia. Cada peza poderá ser presentada de maneira individual ou en grupo de ata cinco integrantes.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, participa na presentación de concursos para escolares relacionado coa doazón e os transplantes.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, participa na presentación de concursos para escolares relacionado coa doazón e os transplantes.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press

A terceira iniciativa consiste no VII Concurso universitario de curtametraxes sobre a doazón e transplante de medula ósea, no que pode participar o alumnado matriculado durante o curso 2021/22 nas universidades do Sistema Universitario Galego e nos centros asociados da UNED en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta