Galicia tamén se mobiliza en redes a favor de Ucraína

A conta @ukrgal solidarízase co pobo ucraíno ante a invasión rusa compartindo información sobre o avance do conflito e a cultura do país eslavo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Os ecos da guerra ruso-ucraína seguen deixándose sentir en occidente, a miles de quilómetros das rúas nas que hai unha semana se facía vida normal e sobre as que hoxe voan os misís de ambos bandos. Entre as moitas reaccións acontecidas, a solidariedade co bando ucraíno está a ser unha das máis fértiles e reiteradas, chegando tamén a Galicia e a súa esfera nas redes sociais.

Portada da conta Galicia-Ucraína
Portada da conta Galicia-Ucraína | Fonte: Twitter

Nas últimas horas deu tamén o salto dixital a conta @ukrgal, que se define como unha "ponte" entre o país ucraíno e Galicia e que se dedica a informar sobre os sucesos do país de Europa do Leste en solidariedade coa poboación que atravesa o conflito. A conta, como se pode apreciar, dá conta do avance da guerra da man de mandatarios do país invadido:

Pero tamén fai fincapé en certos aspectos culturais do país ucraíno que amplían o saber popular sobre o mesmo, até hai pouco inexistente nas pantallas e xornais da esfera galega e española. 

As mostras de solidariedade e a novas achegada sobre a guerra déixase ver tamén en pequenos petiscos informativos arredor de como se está a vivir o conflito do outro lado da fronteira. Esta imaxe do metro de Moscú dá conta dos primeiros efectos das sancións sobre a economía rusa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta