Arrinca o desabastecemento pola guerra de Ucraína: "vanse disparar os prezos"

O aceite de xirasol, primeira vítima dunha crise que os gandeiros e produtores industrais ollan con preocupación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Asociación de Distribuidores de Lugo teme un posible desabastecemento de aceite de girasol pola guerra en Ucraína, e tamén de millo e cereais procedentes deste país. De feito, o presidente de Adislugo, Eloy García, advertiu que os provedores de aceite de xirasol que procede de Ucraína avisáronlles de que xa non dispoñen do produto. "Xa temos a circular de que non o imos a recibir", declarou este mércores.

É por iso que terán que explorar outros mercados, como en Arxentina co "aceite de sementes de xirasol", o que vai encarecer o produto e fará que "se disparen os prezos". Tamén chama a atención sobre a incidencia en Lugo do "millo ou os cereais" que veñen de Ucraína, algo que vai "ter un custo importante" para este sector e "tamén para os gandeiros".

A guerra e invasión de Rusia está a supor un problema para a distribución, nun momento que se empezaba a albiscar certo repunte en canto a facturación logo de dous anos "asfixiados" pola pandemia. Eloy García lembrou como "o pasado ano", con respecto a índices de antes da pandemia que sitúa en 2019 "Os distribuidores facturamos un 26 por cento menos, e este ano roldamos o vinte por cento", comentou. "O mes de xaneiro foi anómalo a nivel de hostalaría. Ademais agora co tema da enerxía e os combustibles que nos vai ao peto vaise a notar máis no noso sector", subliñou.

Gandeiros galegos fórmanse no control mecánico das malas herbas na produción de millo forrajero en ecolóxico. XUNTA
Gandeiros galegos fórmanse no control mecánico das malas herbas na produción de millo forrajero en ecolóxico. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta