Denuncian un caso de transfobia nunha clínica de psiquiatría en Ourense

"A transexualidade é ir en contra da bioloxía", ou "estase a converter nunha moda", son algúns dos comentarios que o profesional tería feito nunha das súas consultas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2022 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Alas A Coruña, como asociación coordinadora do Observatorio Coruñés contra a LGBTIfobia, vén de facer público un suposto caso de transfobia e machismo nunha clínica privada de psicoloxía e psiquiatría de Ourense. 

Consulta de psicoloxía
Consulta de psicoloxía | Fonte: Imaxe de Alex Green en Pexels

Segundo explica a asociación nunha nota, a vítima conta que durante o mes de febreiro pediu axuda profesional neste centro "logo de levar varios meses lidando coa ansiedade". Na primeira cita co psiquiatra, esta persoa comentou que tiña un irmán transexual, "comentario que provoca un cambio de actitude no profesional", que, "esquece os motivos da consulta e se centra unicamente na transexualidade do irmán", explica a presunta vítima. 

Ao longo da consulta, o psiquiatra tería feito comentarios coma os seguintes: "Hai uns anos só había homes que querían converterse en mulleres e era porque sufriran abusos e traumas; "A día de hoxe, por culpa das feministas, estáselle a dar visibilidade á transexualidade e estase a converter nunha moda, porque o número de mulleres que queren converterse en homes é moi elevado; ou "A transexualidade é ir en contra da bioloxía"

ALAS indica que estes feitos foron postos en coñecemento do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e a Valedora do Pobo por parte da propia vítima co obxectivo de "iniciar algunha acción legal que remate co machismo e a transfobia no eido da saúde mental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta