Así traballan os Bombeiros da Coruña: chegan en menos de 12 minutos no 80% das intervencións

Ralizaron 1.721 intervencións durante o ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

Os bombeiros da Coruña realizaron 1.721 intervencións durante o ano pasado. O tempo de chegada ao lugar foi de menos de 12 minutos no 80% dos casos, mentres nun 15% tardaron menos de cinco minutos.

Estes profesionais presentaron este luns a Memoria Anual 2021 no Concello, acompañados polo concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego. Das 1.721 intervencións, 659 solucionáronse en menos de media hora, segundo o balance da súa actividade.

O concelleiro sinalou que o Concello investiu un millón de euros en medios materiais e 400.000 euros en mantemento das instalacións co obxectivo de seguir tendo "un dos mellores" parques de bombeiros de Galicia e "en cidades da mesma categoría" en España.

Os bombeiros da Coruña presentaron este luns a Memoria Anual 2021 no concello, acompañados polo concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego. ANDY PÉREZ/CONCELLO / Europa Press
Os bombeiros da Coruña presentaron este luns a Memoria Anual 2021 no concello, acompañados polo concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego. ANDY PÉREZ/CONCELLO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta