O presidente da Deputación da Coruña transmite o seu "apoio" aos traballadores de Navantia

O presidente da Deputación da Coruña afirmou, segundo Juanatey, que vai facer as xestións "necesarias" para informarse da situación dos investimentos e sinalou que é "importante" industrializar o país e que o sector público "invista" na industria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene reuníronse por primeira vez este luns co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para transmitirlle o plan industrial, os proxectos de investimentos e a situación da carga de traballo.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey, en declaracións a Europa Press, cualificou a reunión de "moi satisfactoria" xa que Formoso mostroulles "o seu apoio" e ofrecido "a súa colaboración".

Á saída da reunión, Juanatey afirmou que Formoso "ten toda a vontade de colaborar" na construción do dique cuberto, nos investimentos en Ferrol, o aumento da capacidade industrial, as enerxías verdes e as reparacións.

O presidente da Deputación da Coruña afirmou, segundo Juanatey, que vai facer as xestións "necesarias" para informarse da situación dos investimentos e sinalou que é "importante" industrializar o país e que o sector público "invista" na industria.

Formoso transmitiulles tamén o seu interese por reunirse co presidente de Navantia para "tansmitirle" o seu apoio a estas reivindicacións. "Se quere que esta comarca teña industria, ten que apostar por Navantia", sentenciou o presidente do comité.

Representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene reuníronse por primeira vez este luns co presidente da  Deputación da Coruña, Valentín González Formoso
Representantes sindicais de Navantia Ferrol e Fene reuníronse por primeira vez este luns co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta