Coidaba anciáns en Galicia pero era buscada por branqueo de capitais en Colombia

A Policía acabou detendo a esta muller de 37 anos en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/03/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Ourense a unha fuxitiva colombiana buscada por branqueo de capitais no seu país por importe de 1.080.000.000 pesos colombianos, que supoñen uns 260.000 euros.

Segundo informou a Policía Nacional, o Grupo Operativo de Estupefacientes da Comisaría Provincial de Ourense que, ademais da loita contra o tráfico de estupefacientes encárgase entre outras cousas da procura de fuxitivos nacionais e internacionais, tivo coñecemento da posible localización nesta provincia dunha muller colombiana, que tiña en vigor unha reclamación internacional para ser detida e entregada ás autoridades colombianas para a súa extradición ao seu país.

Esta muller está acusada en Colombia de defraudar 1.080.000.000 de pesos colombianos, vinculados supostamente á falsificación de documentos a través de varias empresas, sobre a destrución de vehículos para a obtención dos correspondentes beneficios económicos; delitos polos que podería ser condenada á pena máxima de 30 anos de prisión, destaca a Policía.

Tras unha "complicada investigación" policial, sinalan as mesmas fontes, o Grupo de Estupefacientes localizou á fuxitiva, que traballaba nun pobo da provincia de Ourense, onde se dedicaba ao coidado de persoas de idade avanzada. Finalmente foi detida o pasado día 8 de marzo.

Unha vez detida, a muller colombiana, de 37 anos de idade, foi posta a disposición do xulgado correspondente, que decretou o seu ingreso en prisión, pendente da execución da orde de extradición a Colombia por parte da Audiencia Nacional.

Imaxe da detención dunha muller.. GARDA CIVIL
Imaxe da detención dunha muller.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta