José Antonio Zan, comité de empresa de Alcoa: “As instalacións de Alcoa na Mariña non se poden perder”

José Antonio Zan é o presidente do Comité de Empresa de Alcoa. Tocoulle vivir a situación máis difícil da empresa nos últimos vinte anos, cunha ameaza de peche diante da porta. Máis de mil persoas quedarían sen traballo se non encontraban unha solución. O Estado falou de intervir pero logo botou para atrás, os prezos da enerxía estaban facendo inviable a planta de aluminio segundo a empresa. Agora, con certa perspectiva de tempo, repasamos con Zan algúns puntos daqueles días que non están tan lonxe.

Por Galicia Confidencial | | 12/03/2022 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia