Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

Entrará en vigor a partir da tarde deste mércores por ondas de ata seis metros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir da tarde este mércores empezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste, con ondas de ata seis metros.

Por este motivo e co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos afectados, á Deputación da Coruña, aos servizos e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña)
Ondas na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta